Thursday 02 de May de 2024

Aberto o prazo de inscrición para participar no concurso de empanadas da Festa do Pan de Neda


A Festa do Pan de Neda, que se celebra o vindeiro 4 de setembro no paseo de Xubia, recupera na súa 32 edición, o tradicional concurso de empanadas que lembra o que se desenvolvía cando o certame se celebraba en Albarón. Dende hoxe está aberto o prazo de inscrición.

No concurso, de carácter non profesional, poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen, sexan ou non de Neda. Poderán inscribirse ata o 2 de setembro na Casa da Cultura de Neda e, o día da festa, terán que entregar as súas elaboracións na carpa habilitada na zona de panaderías, entre as 11.30 e as 12 horas.

O produto quedará en exposición, ata a cata do xurado, integrado polas concelleiras de Turismo e de Cultura, ademais de representantes das panaderías locais que colaborarán no evento, declarado dende hai anos Festa de Interese Turístico de Galicia.

Cada membro do xurado puntuará por separado as empanadas presentadas, valorando o sabor e a presentación. E veredicto darase a coñecer tras o pregón. E as dúas persoas que presenten as mellores elaboracións corresponderanlles tallas de madeira, obra do artista local Carlos García, autor tamén dos carteis desta edición da cita gastronómica. Como é tradición, con posterioridade, todas as empanadas
concursantes serán degustadas polo do público ata fin de existencias.